Encomenda da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes á Axencia Galega de Infraestruturas

Obxecto:

xestión das actuacións necesarias en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do Proxecto de Interese Autonómico denominado “Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360”.

Entidade encomendante: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas

Data da sinatura: 07/01/26

Duración: o período de vixencia desta encomenda estenderase desde o día seguinte ao da súa sinatura ata a fixación do prezo xusto e a ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, de conformidade co previsto na lexislación de ordenación territorial

Obrigas económicas: a realización das actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución desta encomenda de xestión por parte da Axencia Galega de Infraestruturas efectuarase a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa. O Real Club Celta S.A.D actuará como entidade financiadora facéndose responsable do pagamento de todos os gastos derivados do proceso de expropiación; tanto da tramitación, como do importe dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de interese autonómico denominado “Factoría do Deporte Galego – Galicia Sports 360

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Resultoulle útil a información?