Transparencia institucional, organizativa e de planificación
Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas específicas de información institucional, organizativa e de planificación que recolle a normativa básica en materia de transparencia e as que, a maiores, incorpora tamén a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
- G
Goberno e altos cargos
Neste apartado publícase a información relativa aos mecanismos de bo goberno e control da actividade das persoas que ocupan altos cargos no sector público autonómico.
- C
Competencias da Comunidade autónoma
As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia establécense no Estatuto de Autonomía de Galicia. A estas competencias propias hai que engadir as asumidas en virtude dos diferentes reais decretos de traspasos de competencias realizados polo Estado.
- E
Estrutura orgánica e funcional
Neste apartado recóllese a composición interna e a definición das atribucións que lle corresponden a cada un dos departamentos da Administración. En concreto, publícase información relativa ás funcións que teñen encomendadas, a súa normativa de aplicación, os organigramas actualizados dos diferentes departamentos, a relación de órganos colexiados e consellos de participación social que teñen adscritos, as delegacións de competencias vixentes así como o directorio e medios de contacto das unidades administrativas.
- O
Organización das entidades instrumentais
Neste apartado recóllese a relación de entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia, conforme á Lofaxga, facilítase o acceso directo aos apartados de transparencia das devanditas entidades instrumentais e ofrécese información dos plans e procesos de reordenación de ditas entidades levados a cabo pola Xunta de Galicia.
- P
Planificación
Os instrumentos de planificación da Administración autonómica incorporan os obxectivos, medidas de xestión e accións necesarias para levar á práctica as decisións acordadas nos órganos de goberno.
Neste apartado publícanse os devanditos instrumentos, en concreto, o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, os diferentes plans e programas anuais/plurianuais, estruturados por departamentos e/ou áreas temáticas, os consellos de goberno así como a información relativa á planificación normativa da Xunta de Galicia. - R
Rexistro das actividades de tratamento. Protección de datos persoais
Neste apartado publícase o Rexistro das actividades de tratamento de datos persoais na Xunta de Galicia, en virtude do disposto no artigo 6 bis da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.