Gasto por habitante
| |
2019 |
2020 |
2021 |
2022 |
2023 |
2024 |
2025 |
2026 |
| Ratio de gasto non financeiro por habitante |
3.528,20 |
3.835,90 |
4.092,20 |
4.074,20 |
4.591,10 |
5.044,10 |
5.170,20 |
5.267,40 |
Gasto con perspectiva territorial
O orzamento de 2026 consolida a perspectiva territorial na análise do gasto público, coa finalidade de coñecer con maior precisión o impacto real das políticas públicas sobre o territorio galego. Esta perspectiva abrangue a totalidade das partidas de gasto, agás as de natureza financeira (capítulos 3, 8 e 9) e as correspondentes aos servizos centrais prestados nas sedes administrativas, e permite avaliar como se distribúe o esforzo orzamentario entre as distintas provincias de Galicia, e como contribúe á cohesión territorial e ao benestar da cidadanía.
Durante o proceso de elaboración orzamentaria realizouse unha revisión integral da estimación do impacto territorial, mellorando a metodoloxía de asignación dos gastos por capítulos. Deste xeito, conséguese unha estimación máis completa e consistente da distribución do gasto público por habitante e no territorio.
Esta revisión incrementa a utilidade analítica do orzamento territorializado, converténdoo nun instrumento esencial para a planificación e programación do gasto, para o seguimento da equidade territorial e para a avaliación das políticas públicas.

O gasto territorializado por habitante mostra unha evolución crecente no conxunto de Galicia durante o período 2022-2026, cun incremento progresivo que reflicte tanto o aumento dos recursos destinados ás políticas públicas como a consolidación da distribución provincial do investimento. O gasto medio por habitante pasa de 3.904 euros en 2022 a 4.873 euros en 2026, o que supón un aumento acumulado do 24,8% no período, consolidando unha senda de gasto público orientada á prestación de servizos básicos e ao reforzo da cohesión territorial.
A aplicación da metodoloxía revisada permite identificar con maior detalle as diferenzas territoriais e constituír unha base sólida para a avaliación do impacto das políticas públicas, o seguimento dos obxectivos do Plan Estratéxico de Galicia 2022–2030, e a mellora continua da planificación orzamentaria.