Nivel de transparencia da Comunidade autónoma
O cumprimento das obrigas en materia de transparencia por parte dos suxeitos obrigados é obxecto de valoración e seguimento continuo por parte de distintos órganos e organizacións.
Na nosa Comunidade autónoma, ademais dos sistemas de control interno a través das Unidades Responsables da Transparencia e a Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación, existe un sistema de control externo exercido polo Comisionado da Transparencia como órgano externo e independente ao que lle corresponde o control do cumprimento das obrigas nesta materia, de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Existen ademais outras organizacións e entidades que, na actualidade, dirixen a súa actuación para medir os niveis de transparencia das distintas institucións públicas a través de diversas metodoloxías e indicadores de avaliación.