Contas anuais

De conformidade co disposto no artigo 112.1ª) do Decreto Lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, correspóndelle á Intervención Xeral, como centro xestor da contabilidade pública, formar a Conta Xeral da Comunidade Autónoma e elaborar a memoria que acompaña á mesma.

Segundo o artigo 121.1 do mesmo texto legal, modificado polo artigo 2 da Lei 8/2015, do 7 de agosto, a Conta Xeral da Comunidade Autónoma de cada ano remitirase, previo acordo do Consello da Xunta de Galicia, ao Consello de Contas e ao Tribunal de Cuentas, antes do 30 de setembro do ano seguinte ao que se refire.
 

Frecuencia de actualización: continua

Data de actualización: 12/03/2021

Resultoulle útil a información?