Pregos de referencia para a contratación de obras
Un dos principais retos aos que a lei pretende dar resposta consiste en definir os mecanismos que reforcen a axilidade da xestión para lograr un aproveitamento óptimo dos fondos do Instrumento europeo de recuperación
Next Generation EU, que requiren dunha execución material áxil e, dado que os prazos van ser curtos, o obxectivo é lograr un aproveitamento óptimo dos fondos, polo que resulta conveniente revisar o procedemento de contratación de xeito que se simplifiquen algúns dos seus trámites e se harmonice o devandito procedemento e a documentación asociada.
Como resultado dos traballos postos en marcha para harmonizar e simplificar o procedemento de contratación elaboráronse catro pregos de cláusulas administrativas particulares de referencia e un catálogo de criterios de adxudicación para contratos de obras, cuxa utilización foi aprobada para a xestión de todo tipo de fondos polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 3 de marzo de 2022.
Con estes pregos de referencia dótase aos xestores dun texto harmonizado e versátil que poden adaptar a cada contrato a través do cadro de características, facilítase a súa comprensión por parte de empresas e axilízanse certos trámites de aprobación e xestión interna.
Na mesma liña, o catálogo homoxeneiza a definición e a aplicación daqueles criterios de adxudicación de uso máis frecuente.
A aprobación destes pregos de referencia e do catálogo de criterios de adxudicación completa este primeiro paquete de iniciativas dirixidas a alixeirar a xestión da contratación no sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.