Información relevante en materia de contratación

Neste apartado ofrécese  información semestral sobre os contratos máis relevantes, entendendo como tales aqueles cuxo importe de licitación supera o límite de 4.000.000 euros, polo que requiren autorización do Consello da Xunta de Galicia. 

Para cada un deles publícase o seu obxecto, importes de licitación e de adxudicación, data de formalización, período de execución e órgano da Comunidade Autónoma responsable do contrato. Inclúense tamén os adxudicatarios máis relevantes, as obras públicas máis importantes entre as que se inclúen as obras de infraestruturas, as modificacións ou complementarios, no seu caso, e a forma de acceso á información relativa ás empresas licitadoras dos devanditos contratos.

Ademais, engádese a ligazón directa de cada contrato á Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, onde se pode acceder aos pregos, criterios de licitación e empresas licitadoras, entre outra información de interese.

Resultoulle útil a información?

Se o desexa, tamén pode deixar unha suxestión ou proposta de mellora sobre esta páxina
Dispón dun número limitado de 1000 caracteres para a súa mensaxe