A transparencia

Promover e difundir os procesos e estratexias de transparencia e bo goberno que deben observar e levar a cabo os diferentes órganos e estruturas organizativas da Administración autonómica e das entidades do sector público autonómico de Galicia

 

Imagen asociada a A transparencia
Logo asociado a Sobre a transparencia

Sobre a transparencia

A Xunta de Galicia considera necesario dar un impulso democrático ao país, no que a cidadanía sexa a protagonista mediante unha meirande participación nos asuntos públicos.

Logo asociado a Transparencia neste portal

Transparencia neste portal

Este portal foi configurado como punto de acceso electrónico para poñer a disposición da cidadanía, a través de Internet, a información que deba publicarse de acordo coa normativa básica en materia de transparencia.

Logo asociado a Nivel de transparencia da Comunidade autónoma

Nivel de transparencia da Comunidade autónoma

Transparencia Internacional España desenvolveu en 2010, 2012 e 2014 as 3 edicións que ata o momento se realizaron do Índice de Transparencia das Comunidades Autónomas (máis coñecido como INCAU).

Logo asociado a Integridade institucional

Integridade institucional

A Xunta de Galicia conta cun Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión, aprobado o 26 de maio de 2021 polo Consello da Xunta de Galicia, e entendido como un compromiso da Administración pública galega coa integridade e a busca dunha acción exemplar e responsable dos altos cargos e de todo o persoal da Administración pública galega.

Logo asociado a Transparencia sobre o coronavirus COVID-19

Transparencia sobre o coronavirus COVID-19

Neste apartado poderá consultar toda a información de interese público e medidas adoptadas pola Xunta de Galicia ante a situación de emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Logo asociado a Goberno aberto

Goberno aberto

A Semana do Goberno aberto é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week), cuxo obxectivo principal é achegar as Administracións públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno Aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.