A Semana do Goberno aberto é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week), cuxo obxectivo principal é achegar as Administracións públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno Aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.
Está deseñada para calquera persoa que crea que a cidadanía debería desempeñar un papel na configuración das políticas que afectan as súas vidas, e conta con seminarios, debates públicos, webinarios, e outros eventos planeados pola cidadanía, sociedade civil e gobernos.
Semana da Administración aberta 2026
No ano 2025 a Semana de Administración aberta celébrase do 18 ao 24 de maio. Pode consultar aquí o programa de actividades da Xunta de Galicia.
Semana da Administración aberta 2025
No ano 2025 a Semana de Administración aberta celébrase do 19 ao 25 de maio. Pode consultar aquí o programa de actividades da Xunta de Galicia.
Semana da Administración aberta 2024
No ano 2024 a Semana de Administración aberta celébrase do 10 ao 14 de xuño. Pode consultar aquí o programa de actividades da Xunta de Galicia.
Pode consultar tamén nesta ligazón o balance resumo das actividades da Semana de Administración aberta 2024.
Semana da Administración aberta 2023
No ano 2023 a Semana de Administración aberta celébrase do 20 ao 24 de marzo. Pode consultar aquí o programa de actividades da Xunta de Galicia.
Pode consultar tamén nesta ligazón o balance e resumo de actividades da Semana de Administración aberta 2023.
Semana da Administración aberta 2022
No ano 2022 a Semana de Administración aberta celébrase do 27 de xuño ao 01 de xullo. Pode consultar aquí o programa de actividades da Xunta de Galicia.
Semana da Administración aberta 2021
No ano 2021 a Semana de Administración aberta celébrase do 17 ao 21 de maio. Pode consultar aquí o programa de actividades da Xunta de Galicia.