Orzamento cidadán
Neste apartado pódese consultar o orzamento cidadán, configurado como un instrumento de transparencia para achegar á cidadanía o orzamento da Comunidade Autónoma nunha linguaxe clara e accesible.
O orzamento anual é o instrumento que concreta o plan de goberno da Xunta de Galicia para un exercicio, recolle os recursos cos que conta para a súa execución e os resultados e os obxectivos que espera alcanzar. Porén, os Orzamentos da Comunidade Autónoma son longos e complexos e se presentan con múltiples documentos de apoio que detallan ou desenvolven algúns aspectos dos mesmos.
Se queremos mellorar a transparencia e fomentar a participación no proceso orzamentario, é preciso proporcionar axuda ao público xeral para entender os orzamentos, con esta finalidade, tentar que os orzamentos non só estean a dispor dos cidadáns e cidadás, senón que tamén lles sexan comprensibles, elaborouse o orzamento cidadán, que está deseñado para ser entendido pola maior parte da poboación que sexa posible, cunha linguaxe clara, sinxela e accesible.