Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023

Neste apartado publícanse os Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2023.

 

Concepto de orzamento:

Segundo dispón o artigo 46 do Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia os Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma constitúen a expresión cifrada, conxunta e sistemática de:
  a) As obrigas que, como máximo, se poderán recoñecer e os dereitos que estea previsto liquidar por parte da Comunidade e dos seus organismos autónomos durante o exercicio orzamentario.
  b) Os obxectivos que se pretendan conseguir coa utilización dos recursos financeiros consignados nos mesmos.
  c) As estimacións dos fluxos financeiros das sociedades públicas.
  d) A totalidade dos gastos e ingresos dos demais entes públicos.
  e) Os beneficios fiscais estimados.

Contido dos orzamentos:

Os orzamentos xerais da Comunidade autónoma están integrados:
  a) Polo orzamento da Comunidade.
  b) Polos orzamentos dos organismos autónomos.
  c) Polos orzamentos das axencias públicas autonómicas.
  d) Polos orzamentos de explotación e de capital das sociedades mercantís do artigo 12 do Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro e daquelas nas que concorran os requisitos determinados polo Sistema Europeo de Contas para integrarse no sector da administración pública autonómica de Galicia.
  e) Polos orzamentos dos entes públicos aos que fai referencia o artigo 12 do Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
  f) Polos orzamentos de explotación e capital das fundacións do sector público autonómico nas que concorran os requisitos determinados polo Sistema Europeo de Contas para integrarse no sector da administración pública autonómica de Galicia.
  g) Polos orzamentos dos consorcios nos que concorran os requisitos determinados polo Sistema Europeo de Contas para integrarse no sector da administración pública autonómica de Galicia.
  h) En todo caso, polos orzamentos das demais entidades que estean clasificadas como administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coas normas do Sistema Europeo de Contas, salvo as universidades públicas.

Os orzamentos xerais da Comunidade autónoma conteñen:
  a) Os estados de gastos, nos que se especifican na forma establecida os créditos necesarios para dar cumprimento ás obrigas.
  b) Os estados de ingresos, nos que se detallan as estimacións dos dereitos económicos que se liquidarán durante o exercicio orzamentario.
  c) Os estados financeiros dos organismos autónomos comerciais, industriais ou financeiros aos que fai referencia o artigo 11 desta lei.
  d) Os estados financeiros das sociedades públicas autonómicas, entes de dereito público e demais entidades con personalidade xurídica propia que formen parte do sector administracións públicas, segundo o Sistema Europeo de Contas.

Estrutura dos orzamentos:

Os Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma axústanse, en canto á súa estrutura, ás seguintes reglas:

Primeira:
  a) Os estados de gastos confeccionaranse aplicando unha clasificación funcional por programas. Así mesmo, as clasificacións orgánica e económica informarán, respectivamente, sobre o axente que realiza o gasto e a natureza do mesmo.
  b) Para cada programa de gasto estableceranse os obxectivos que se pretenden conseguir cos recursos que se lle asignen, así como, sempre que sexa posible, os indicadores de seguimento que se consideren adecuados para analizar o grao de consecución dos mesmos.
  c) Presentaranse con separación os gastos correntes e os gastos de capital, e a súa clasificación económica rexerase polos seguintes criterios:

  1. Nos créditos para gastos correntes distinguiranse os de funcionamento dos servizos, os gastos financeiros e as transferencias correntes.
  2. Nos créditos para gastos de capital distinguiranse os de investimentos reais, as transferencias de capital e as variacións de activos e pasivos financeiros.

Segunda: os estados de ingresos presentarán unha clasificación económica distinguindo os correspondentes a operacións correntes e a operacións de capital.

Resultoulle útil a información?

Se o desexa, tamén pode deixar unha suxestión ou proposta de mellora sobre esta páxina
Dispón dun número limitado de 1000 caracteres para a súa mensaxe