Plans estratéxicos de subvencións

Neste apartado publícanse os diferentes plans estratéxicos de subvencións aprobados polas distintas consellerías da Xunta de Galicia.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia prevé no seu artigo 5 que os órganos da Administración que propoñan o establecemento de subvencións concreten nun plan estratéxico de subvencións os obxectivos e efectos que se pretenden coa súa aplicación, o prazo necesario para a súa consecución, os custos previsibles e as súas fontes de financiamento, e supeditaranse, en todo caso, ao cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.

Pola súa banda, o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, prevé no seu artigo 6 que cada consellería elaborará unha planificación estratéxica das subvencións que teñan previsto convocar a consellería e os organismos e entidades dependentes ou vinculadas a ela. A planificación deberá ser coherente cos documentos de planificación e obxectivos que se elaboren cada ano no marco do proceso de elaboración dos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

Plans estratéxicos de subvencións

Resultoulle útil a información?