Con este portal a Xunta de Galicia ofrece aos cidadáns un instrumento de acceso directo e centralizado á información sobre a organización, os recursos e a xestión que desenvolve a Administración autonómica, para potenciar o seu dereito de acceso á información sobre a actividade desta.
Ao igual que o devandito Programa, esta ferramenta web ten como misión promover e difundir os procesos e estratexias de transparencia e bo goberno que deben observar e levar a cabo os diferentes órganos e estruturas organizativas da Administración autonómica e das entidades do sector público autonómico de Galicia, favorecendo o emprego racional dos recursos públicos, o impulso da xestión da calidade das políticas públicas e dos servizos públicos, así como a participación cidadá na mellora e avaliación da transparencia do sector público autonómico.