Contratación pública

A transparencia na contratación pública, que xurdiu como un dos principios inspiradores da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, vese ampliada con novas obrigas específicas que sinala a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Neste apartado, en coordinación coa Plataforma de Contratación Pública de Galicia, darase cumprimento aos requirimentos de información pública previstos nos artigos 13 e 14 da devandita lei, toda vez que as concesións de servizos públicos atópanse enmarcadas dentro da información recollida na Plataforma baixo a denominación de contratos de xestión de servizos públicos.