FACENDA

Período medio de pagamento a provedores

O principio de sostibilidade financeira definido na Lei Orgánica 2/2012 inclúe o control da débeda pública financeira e o control da débeda comercial. Enténdese que existe sostibilidade da débeda comercial cando o período mínimo de pagamento aos provedores non supere o prazo máximo previsto na normativa sobre morosidade.

Acceder

A Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministración de información previstas na LOEPSF, establece no seu artigo 18.1.k) que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas publicará periodicamente a través da central de información económico-financeira das Administracións Públicas “o dato do periodo medio de pago a provedores comunicado ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas polas comunidades autónomas, así como o detalle da información máis relevante en materia de morosidade e débeda comercial”.

Sobre a base de tal habilitación, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a través da Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local, elabora os informes mensuais sobre prazos de pago a provedores e débeda comercial das comunidades autónomas, comprensivos dos datos máis relevantes en materia de morosidade e débeda comercial das comunidades autónomas.