Modelos de bases reguladoras

Neste apartado pódense consultar os modelos de bases reguladoras que se van aprobando co propósito de facilitar a xestión administrativa e a participación cidadá no procedemento subvencionador.

Bases dirixidas a empresas e persoas traballadoras autónomas

As primeiras experiencias xorden ao abeiro da Lei 9/2021, do 25 de febreiro , de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, que definiu unha serie de instrumentos procedementais, financeiros e de gobernanza que buscan o equilibrio entre a axilidade dos procedementos de autorización das iniciativas empresariais e a necesaria protección dos valores culturais, naturais e ambientais que implica a implantación desas iniciativas no territorio.

Un dos principais retos aos que a lei pretende dar resposta consiste en definir os mecanismos que reforcen a axilidade da xestión para lograr un aproveitamento óptimo dos fondos do Instrumento europeo de recuperación Next Generation EU, de maneira que as iniciativas empresariais reciban con axilidade as axudas nun contexto de garantía de eficiencia na execución dos fondos públicos.

Como resultado dos traballos postos en marcha para harmonizar e simplificar o procedemento subvencionador elaborouse un modelo de bases reguladoras con convocatoria e un catálogo de criterios de valoración que foron autorizados polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de xaneiro de 2022.

Con este  modelo de bases dótase aos xestores dun texto harmonizado e versátil que poden adaptar a cada liña de axudas, facilítase a súa comprensión por parte de empresas e autónomos e axilízanse certos trámites de aprobación e xestión interna.

Na mesma liña, o catálogo homoxeneíza a definición e a aplicación daqueles criterios de valoración de uso máis frecuente.

A extensión do modelo de bases e do catálogo autorizada polo Consello da Xunta de Galicia para ser utilizados noutros expedientes da mesma natureza pero financiados con fondos procedentes de recursos distintos ao Instrumento Next Generation EU completa este primeiro paquete de iniciativas dirixidas a alixeirar a xestión das subvencións no sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Frecuencia de actualización: continua

Resultoulle útil a información?