Ordenación do territorio e medio ambiente
Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas de informar sobre cuestións relativas á ordenación de territorio e ao medio ambiente que recolle a normativa básica en materia de transparencia e aquelas outras que, a maiores, incorpora tamén a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
- I
Instrumentos de ordenación do territorio e dos plans urbanísticos
Os instrumentos de ordenación de territorio e os plans urbanísticos, así como as súas correspondentes modificacións e revisións, serán obxecto de publicidade neste portal incluíndo, como mínimo, a información sobre a estrutura xeral de cada municipio, a clasificación e cualificación do solo e a ordenación prevista para este.
- I
Información xeográfica de elaboración propia
Información xeográfica de elaboración propia cuxa difusión se considera relevante para o coñecemento xeral, incluíndo as fontes, notas metodolóxicas e os modelos utilizados.
- I
Información ambiental
Segundo o artigo 18. 2 b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, será obxecto de publicación "a información ambiental que se debe facer pública de conformidade coa normativa vixente, incluíndo, en todo caso, a relativa á calidade das augas continentais e mariñas e mais a de emisións de gases de efecto invernadoiro".