Encomenda da Consellería de Sanidade a Galaria

Obxecto:

realización de actuacións técnicas de apoio á codificación, revisión e validación manual da información incorporada ao Rexistro Galego de Tumores (REGAT), co fin de garantir a calidade, integridade e exhaustividade da información rexistrada, así como a súa adecuación para a análise epidemiolóxica, estudos de supervivencia e avaliación de programas de cribado e impacto terapéutico no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Entidade encomendante: Consellería de Sanidade

Entidade encomendada: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios S.A.

Data da sinatura: 17/09/26

Presuposto: 125.235,50 €

Duración: 1 ano, producindo efectos desde a data da súa sinatura, podendo ser prorrogada mediante resolución expresa do órgano encomendante por outros 2 anos

Obrigas económicas: a compensación económica cubrirá exclusivamente os custos efectivos derivados da execución das actuacións encomendadas, de conformidade co previsto na normativa aplicable aos medios propios personificados. O pagamento será mensual coa presentación da factura correspondente por parte de Galaria e para os efectos da xustificación, Galaria emitirá un informe da actividade realizada durante o mes que se remitirá a Dirección Xeral de Saúde Pública.

Consellería de Sanidade; Galaria Empresa Pública de Servicios Sanitarios, S.A.

Resultoulle útil a información?