Encomenda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude á Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa)

Obxecto:

encargar a TRAGSATEC a execución do servizo técnico cualificado consistente nos traballos previos necesarios para a análise e informe das intervencións a autorizar segundo a Lei 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na sua zona de amortecemento

Entidade encomendante: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Entidade encomendada: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa)

Data da sinatura: 28/11/25

Presuposto: 795.451,60 €

Duración: 2 anos (prorrogables ata outros dous) a contar dende o día 1 de xaneiro de 2026

Obrigas económicas: o abono dos traballos realizarase mensualmente previa xustificación por parte de TRAGSATEC da realización dos traballos a través da presentación da correspondente certificación ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e previa conformidade da persoa responsable do encargo sobre a súa correcta realización

Subcontratacións: non se admiten

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Resultoulle útil a información?