Encomenda da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes á Axencia Galega de Infraestruturas

Obxecto:

elaboración dos informes técnicos correspondentes na fase de adxudicación dos contratos de obra e de servizos relativos aos proxectos de mellora da accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede autonómica de estradas de Galicia e a dirección de execución dos ditos contratos

Entidade encomendante: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas

Data da sinatura: 11/08/25

Presuposto: -

Duración: esta encomenda estenderase desde o día seguinte ao da súa aprobación e terá a duración estritamente necesaria para a realización dos traballos encomendados

Obrigas económicas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da Axencia Galega de Infraestruturas en concepto de custo polos servizos que se presten en desenvolvemento desta

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral Técnica | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Resultoulle útil a información?