Obxecto: no caso dos contratos de obra relativos aos proxectos: a elaboración de selo caso, dos informes de supervisión e a realización das actas de replanteo dos referidos proxectos; a elaboración dos informes de carácter técnico que en relación co procedemento de adxudicación destes contratos sexan solicitados polo órgano encomendante, así como a dirección facultativa das obras obxecto dos referidos contratos. No caso dos contratos de servizo accesorios aos contratos de obra referidos no punto anterior: a elaboración dos pregos de prescricións técnicas; a elaboración dos informes de carácter técnico que en relación co procedemento de adxudicación destes contratos sexan solicitados polo órgano encomendante, así como a dirección de execución dos servizos obxecto dos contratos.
Entidade encomendante: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas
Data da sinatura: 04/08/25
Presuposto: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos a prestar en desenvolvemento desta.
Duración: dende o día seguinte ao da súa aprobación e terá a duración estritamente necesaria para a realización dos traballos encomendados.
Obrigas económicas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos a prestar en desenvolvemento desta.