Encomenda do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega de Infraestruturas e á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A

Obxecto:
  • encoméndase á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. a preparación, selección de contratista e adxudicación dos contratos de servizos para a redacción do Proxecto de Interese Autonómico de ordenación da contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, redacción do proxecto de expropiación, así como para redacción dos proxectos do aparcadoiro e mellora de accesos, así como a xestión de diversas actuacións de carácter técnico en relación coas actuacións obxecto de encomenda.
  • encoméndase á Axencia Galega de Infraestruturas a realización das tarefas de apoio na tramitación do Proxecto de Interese Autonómico de ordenación da contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, a xestión das expropiacións necesarias para a materialización das actuacións obxecto desta encomenda, así como a xestión de diversas actuacións de carácter técnico en relación coas actuacións obxecto de encomenda.

 

Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde

Entidade encomendada: Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. e Axencia Galega de Infraestruturas e Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Data da sinatura: 13/06/25

Duración: a eficacia da encomenda estenderase dende o día seguinte a súa sinatura ata a data de finalización do prazo de garantía dos contratos obxecto da presente encomenda

Obrigas económicas: a realización das actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución desta encomenda de xestión por parte da Axencia Galega de Infraestruturas e da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. efectuarase a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa

Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde (Sergas) | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas (AXI); Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Resultoulle útil a información?