Encomenda do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega de Infraestruturas e á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Obxecto:

encoméndase á Axencia Galega de Infraestruturas e á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. a xestión e execución das actuacións necesarias para a elaboración do proxecto de interese autonómico de ordenación da contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, así como da xestión das expropiacións e redacción dos proxectos de aparcadoiro e mellora de accesos.

Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas e Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Data da sinatura: 16/06/25

Duración: desde o día seguinte da sinatura da encomenda ata a data de finalización do prazo de garantía dos contratos obxecto da mesma

Obrigas económicas: a realización das actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución desta encomenda de xestión por parte da Axencia Galega de Infraestruturas e da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. efectuarase a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa

Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde (Sergas) | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Resultoulle útil a información?