Obxecto: actuacións relacionadas co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados pola obras de creación de sendas e pasarelas peonís no Camiño de Santiago (Camiño Inglés) en Abegondo e no lugar da Sionlla, en Santiago de Compostela.
Entidade encomendante: Axencia Turismo de Galicia
Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas
Data da sinatura: 02/05/25
Presuposto: -
Duración: un ano desde a súa sinatura. O dito prazo prorrogarase automaticamente por períodos dun ano, ao estar vinculado á execución dos contratos de trazado das sendas e pasarelas peonís, agás que algunha das partes exprese a vontade da súa resolución cunha antelación mínima dun mes á data do seu remate
Obrigas económicas: a realización das actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución da encomenda de xestión por parte da Axencia Galega de Infraestruturas efectuarase a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa.