Obxecto: coordinar e levar a cabo as actividades necesarias para a execución da recollida de mostras do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.
Entidade encomendante: Consellería de Sanidade
Entidade encomendada: Tecnología y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P.
Data da sinatura: 28/03/25
Presuposto: 648.438,87 €
Duración: desenvolverase en tres campañas de mostraxe coa seguinte duración cada unha delas: mostraxe 2025, entre o 2 de maio e o 5 de outubro de 2025; mostraxe 2026, entre o 2 de maio e o 5 de outubro de 2026, e mostraxe 2027, entre o 2 de maio e o 5 de outubro de 2027.
Obrigas económicas: realizaranse pagamentos parciais logo de certificación dos traballos realizados. O aboamento dos traballos realizarase contra presentación de factura pola empresa e logo de conformidade da Dirección Xeral de Saúde Pública sobre a súa correcta realización.