Encomenda do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega de Infraestruturas e á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Obxecto:

Modificar a Resolución do 20 de abril de 2023 pola que se encomendou á Axencia Galega de Infraestruturas a preparación, selección de contratista e adxudicación dos contratos relativos ás obras da fase 2 do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, e á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. a xestión de diversas actuacións de carácter técnico en relación coas ditas obras.

Entidade encomendante: Servizo Galego de Saúde

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas e Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Data da sinatura: 20/03/25

Consellería de Sanidade; Servizo Galego de Saúde (Sergas) | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Resultoulle útil a información?