Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Consello Galego de Pesca Continental

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a persoa titular da dirección xeral competente en materia de pesca fluvial
  • Vicepresidente/a: a persoa titular da subdirección competente en materia de pesca fluvial
  • Secretario/a: a persoa titular do servizo competente en materia de pesca fluvial
  • Vogais:
    • Os/as presidentes/as dos comités provinciais de pesca fluvial
    • Os/as xefes/as dos servizos provinciais da consellería competente en materia de pesca fluvial
    • O/a presidente/a da Federación Galega de Pesca Fluvial
    • Os/as delegados/as provinciais da Federación Galega de Pesca Fluvial
    • Un/unha representante das entidades colaboradoras de cada provincia, designado/a por acordo entre elas
    • Dous/dúas representantes das asociacións naturalistas e ecoloxistas, inscritas como tales no rexistro correspondente, designados/as por acordo entre elas
    • Un/unha representante da consellería competente en materia de augas
    • Un/unha representante da consellería competente en materia de industria
    • Un/unha representante da consellería competente en materia de turismo
    • Un/unha representante da consellería competente en materia de deporte
    • Un/unha representante da consellería competente en materia de pesca e marisqueo
    • Dous/dúas profesionais de recoñecido prestixio en temas relacionados coa pesca continental, designados/as pola dirección xeral competente en materia de pesca fluvial