CONSELLERÍA DE SANIDADE

Delegación de competencias

Neste apartado publícanse as delegacións de competencias vixentes deste departamento, dando cumprimento ao disposto no artigo 7. c) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. As delegacións de competencias contribúen á axilización da tramitación administrativa dos asuntos que se lle atribúen mediante esta fórmula xurídica.

  • Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde. Consultar aquí
  • Resolución do 17 de agosto de 2009, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se delegan determinadas funcións en materia de transporte sanitario na persoa titular do Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria. Consultar aquí  
  • Resolución do 7 de xullo de 2009, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se delegan determinadas funcións en materia de transporte sanitario na persoa titular do Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria. Consultar aquí   
  • Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade. Consultar aquí

 

Data de actualización: 21/02/2017
Frecuencia de actualización: continua