CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Delegación de competencias

Neste apartado publícanse as delegacións de competencias vixentes deste departamento, dando cumprimento ao disposto no artigo 7. c) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. As delegacións de competencias contribúen á axilización da tramitación administrativa dos asuntos que se lle atribúen mediante esta fórmula xurídica.

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

  • Orde do 9 de febreiro de 2021 de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección e nas xefaturas territoriais desta consellería. Consultar aquí
  • Resolución do 2 de decembro de 2020, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se delega nos titulares dos servizos de Coordinación Cultural das xefaturas territoriais desta consellería o exercicio de determinadas competencias. Consultar aquí

Consellería de Cultura e Turismo

  • Decreto 199/2012, do 27 de setembro, de delegación de competencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia no Concello de Santiago de Compostela, relativas á autorización de proxectos no denominado perímetro azul do concello. Consultar aquí
  • Acordo do 24 de xullo de 2012, do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, de delegación de competencias na persoa titular da Dirección de Agadic. Consultar aquí   
  • Resolución do 24 de xullo de 2012, do presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, de delegación de competencias na persoa titular da Dirección de Agadic. Consultar aquí  
  • Acordo do 8 de febreiro de 2012 de delegación de competencias na persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais. Consultar aquí  

 

Data de actualización: 26/2/2021
Frecuencia de actualización: continua