CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Delegación de competencias
Neste apartado publícanse as delegacións de competencias vixentes deste departamento, dando cumprimento ao disposto no artigo 7. c) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. As delegacións de competencias contribúen á axilización da tramitación administrativa dos asuntos que se lle atribúen mediante esta fórmula xurídica.
- Resolución do 10 de abril de 2023 pola que se delega o exercicio de determinadas competencias nas persoas titulares dos servizos territoriais das zonas hidrográficas da demarcación hidrográfica Galicia Costa. Consultar aquí
- Resolución do 2 de marzo de 2022 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do 12 de xaneiro de 2022, do Consello Reitor de Augas de Galicia, de delegación de competencias no Comité Permanente do Consello Reitor de Augas de Galicia. Consultar aquí
- Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería. Consultar aquí
- Resolución do 7 de setembro de 2017 pola que se delega o exercicio de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Consultar aquí
- Resolución do 7 de setembro de 2017 pola que se delega o exercicio de competencias na Dirección da Axencia e na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Consultar aquí
- Resolución do 30 de novembro de 2016 de delegación de competencias da Xerencia na persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico. Consultar aquí
- Resolución do 16 de decembro de 2014, da Presidencia da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se delega o exercicio de competencias na Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas. Consultar aquí
- Resolución do 23 de xaneiro de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello Reitor desta axencia, do 14 de outubro de 2013, polo que se aproba a delegación de competencias en materia de resolución de expedientes sancionadores por infraccións tipificadas como moi graves na normativa reguladora de estradas. Consultar aquí
- Orde do 4 de febreiro de 2013 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e na Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas. Consultar aquí
- Resolución do 4 de febreiro de 2013, da Presidencia da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se delega o exercicio de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Consultar aquí
- Resolución do 6 de setembro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias na persoa titular da dirección da entidade pública empresarial Augas de Galicia e na persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Consultar aquí
- Resolución do 9 de maio de 2012, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se delega o exercicio de determinadas facultades nas persoas titulares dos servizos provinciais da Axencia. Consultar aquí
- Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias na persoa titular da dirección da entidade pública empresarial Augas de Galicia e na persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura. Consultar aquí
- Orde do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias na persoa titular da Dirección da entidade pública empresarial Augas de Galicia. Consultar aquí
- Resolución do 31 de xaneiro de 2012 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do 30 de xaneiro de 2012, do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia, de delegación de competencias na persoa titular da Dirección de Augas de Galicia. Consultar aquí
Data de actualización: 21/04/2023
Frecuencia de actualización: continua