C. de Cultura e Turismo

Comisión Técnica de Arqueoloxía

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: persoa titular do servizo competente en materia de arqueoloxía da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural
  • Secretario/a: persoa funcionaria designada pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural, de entre persoal funcionario da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural
  • Vogais:
    • Un/unha arqueólogo/a de cada unha das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de patrimonio cultural
    • Un/unha arquitecto/a designado/a pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural
    • Un/unha enxeñeiro/a en representación do centro directivo da Xunta de Galicia con competencias en materia de infraestruturas
    • Unha persoa con recoñecida competencia na área de conservación e restauración do patrimonio cultural, designada pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural
    • Unha persoa de recoñecido prestixio e coñecemento en materia de patrimonio cultural, designada pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural