C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Consello da Calidade do Aire de Galicia

 Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: persoa titular da consellería que teña atribuídas as competencias en materia de ambiente
  • Vicepresidente/a primeiro/a: correspóndelle a Vicepresidencia Primeira do Consello á persoa titular da dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de saúde pública
  • Vicepresidente/a segundo/a: correspóndelle a Vicepresidencia Segunda do Consello á persoa titular da dirección xeral que teña atribuídas competencias en materia de Administración local
  • Secretario/a: persoa titular da Secretaría será a que ocupe a subdirección xeral que teña atribuídas as competencias ou funcións en materia de calidade do aire, que actuará con voz pero sen voto
  • Vogais:
    1. As persoas con rango de secretario/a xeral, director/a xeral ou equivalente, designadas polas persoas titulares das consellerías competentes nas materias que se indican a continuación, ou pola Secretaría Xeral da Presidencia cando as referidas materias sexan competencia dos órganos superiores e de dirección no ámbito da Presidencia, e poderanse nomear as persoa que as substitúan
      • i. Calidade ambiental
      • ii. Patrimonio natural
      • iii. Medio rural
      • iv. Mobilidade
      • v. Xestión de emerxencias
      • vi. Industria
      • vii. Ordenación do territorio e urbanismo
    2. Unha persoa representante dos concellos galegos de máis de 50.000 habitantes
    3. Unha persoa representante dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes
    4. Tres persoas representantes das universidades galegas, un/unha vogal por cada universidade, expertas en materia de calidade do aire
    5. Dúas persoas representantes de organizacións de carácter ambiental, seleccionadas entre as entidades inscritas no rexistro regulado polo Decreto 226/2007, do 22 de novembro, polo que se crea o Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o procedemento que se habilite
    6. Unha persoa representante da Confederación de Empresarios de Galicia