Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Ten dispoñibles para consulta 123 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 18/12/2020 | Mar - Portos de Galicia
Proxecto de decreto polo que se aproba o Regulamento de explotación e policía dos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia
Inicio da tramitación: 25/11/2020 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Procesamento e Transformación da Madeira
Inicio da tramitación: 17/11/2020 | Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Proxecto de decreto polo que se establecen os procedementos de elaboración e rexistro dos Plans de Autoprotección (PAU) e se aproba o catálogo de actividades e de centros obrigados a adoptar medidas de autoprotección
Recibíronse 7 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 03/11/2020 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Química e Saúde Ambiental
Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Termalismo e Benestar
Recibíronse 2 suxestións para esta norma
Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Calzado e Complementos de Moda
Inicio da tramitación: 04/02/2020 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Instituto de Estudos do Territorio (IET)
Proxecto de orde pola que se leva a cabo a actualización e revisión das áreas de especial interese paisaxístico AEIP-05-03 Canóns do Río Miño e AEIP-05-04 Canóns do Sil, co obxecto de fundir as dúas áreas nunha única, denominada AEIP-05-03 Ribeira Sacra
Inicio da tramitación: 16/01/2020 | Medio Rural - Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 306/2004, do 2 de decembro, polo que se crea o Consello Forestal de Galicia
Inicio da tramitación: 14/10/2019 | Infraestruturas e Mobilidade - Secretaría Xeral Técnica
Anteproxecto de lei de creación da Sociedade para a Xestión do Ciclo Integral da Auga, SA
Recibíronse 4 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 04/10/2019 | Educación, Universidade e Formación Profesional - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Mantemento de Estruturas de Madeira e Moblaxe de Embarcacións de Recreo