Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Ten dispoñibles para consulta 121 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 29/05/2026 | Mar - Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Proxecto de orde pola que se convocan as eleccións e se ditan normas para a renovación dos membros do Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia
Inicio da tramitación: 21/05/2026 | Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública
Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 148/2023, do 23 de novembro, polo que se regula o Programa galego para a detección precoz de enfermidades xenéticas, endócrinas e metabólicas en período neonatal e se crea o Comité asesor do programa
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 12/05/2026 | Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se regula a sinalización das prohibicións establecidas na Lei 6/2025, do 23 de decembro, de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas
Inicio da tramitación: 30/03/2026 | Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura
Proxecto de decreto polo que se regulan os itinerarios culturais de interese autonómico
Recibíronse 8 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 24/03/2026 | Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional - Dirección Xeral de Formación Profesional
Proxecto de orde pola que se establece o currículo dos títulos de especialista e de máster de formación profesional na comunidade autónoma de Galicia
Proxecto de orde pola que se establece o currículo dos ciclos formativos de Grao Básico na comunidade autónoma de Galicia
Recibíronse 2 suxestións para esta norma
Proxecto de orde pola que se establece o currículo dos ciclos formativos de Grao Medio na comunidade autónoma de Galicia
Proxecto de orde pola que se establece o currículo dos ciclos formativos de Grao Superior na comunidade autónoma de Galicia
Inicio da tramitación: 21/03/2026 | Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se regula o procedemento de presentación e tramitación de suxestións, queixas e agradecementos no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia e no das entidades instrumentais vinculadas ou dependentes da Consellería de Sanidade
Recibíronse 4 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 02/03/2026 | Consellería de Política Social e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se modifica o módulo de financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia
Recibíronse 3 suxestións para esta norma