Proxecto de decreto polo que se establecen os procedementos de elaboración e rexistro dos Plans de Autoprotección (PAU) e se aproba o catálogo de actividades e de centros obrigados a adoptar medidas de autoprotección

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Departamento: Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Inicio da tramitación: 17/11/2020

Obxecto: establecer en que casos debe elaborarse o plan de autoprotección, tendo en conta o establecido no Catálogo de Actividades recollidas no Real Decreto 393/2007, do 23 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos, dependencias ou actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia, fixando os medios mínimos de autoprotección e os procedementos de elaboración e rexistro dos plans de autoprotección. 

Estado actual: pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 31/12/2020

Suxestións recibidas: 7