Proxecto de decreto polo que se aproba o Regulamento de explotación e policía dos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Portos de Galicia
Departamento: Consellería do Mar - Portos de Galicia
Inicio da tramitación: 18/12/2020
Obxecto: o proxecto de decreto ten por obxecto a aprobación do Regulamento de explotación e policía dos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no que se establecen as normas reguladoras dos servizos e actividades portuarias, a utilización do dominio público portuario e as instalacións portuarias, a ordenación e control do tráfico portuario, así como as especificacións e concrecións ao cadro de infraccións e sancións previstas na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 20/08/2022