Normativa en tramitación

O artigo 9 (Obrigas específicas de información de relevancia xurídica) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno sinala que debe facerse pública "c) A relación circunstanciada e motivada dos procedementos de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en tramitación, a partir do momento en que se produza a aprobación do anteproxecto, con indicación do seu obxecto e estado de tramitación, así como a posibilidade que teñen as persoas de remitir suxestións e a forma de o facer".

Recóllese a información sobre as disposicións administrativas de carácter xeral tramitados polos centros directivos ou entidades dependentes dos departamentos da Xunta de Galicia, agrupando estes proxectos en función do seu estado actual de tramitación.

Durante o prazo de envío de suxestións, as persoas, individualmente ou por medio de asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitilas a través dun formulario que se habilitará para cada normativa. Desta forma, as súas proposicións, suxestións ou recomendacións serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no que constará a resposta razoada a cada caso, agás naqueles de recoñecida e notoria urxencia. Neste último suposto, a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

Debe terse en conta que a presentación de propostas non atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento, e tamén que o previsto anteriormente non substitúe o trámite de audiencia pública e/ou información pública nos supostos nos que sexa preceptivo de acordo coa normativa de aplicación.

De acordo co artigo 9 "obrigas específicas de información de relevancia xurídica" da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, modificado polo artigo 54. dous da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas "2. En particular, os suxeitos citados no artigo 3.1.a), no ámbito das súas competencias, publicarán os anteproxectos de lei e os proxectos de disposicións administrativas de carácter xeral cando se soliciten os ditames aos órganos consultivos correspondentes, sen que iso supoña a apertura dun trámite de audiencia pública. No caso en que non sexa preceptivo ningún ditame a publicación realizarase no momento da súa aprobación".

Resultoulle útil a información?

Se o desexa, tamén pode deixar unha suxestión ou proposta de mellora sobre esta páxina
Dispón dun número limitado de 1000 caracteres para a súa mensaxe