Normativa vixente consolidada

Neste apartado dáse cumprimento á obrigación prevista na  Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno que contempla a publicación da relación da normativa vixente na súa versión consolidada, isto é, aquela que integra o texto orixinal dunha norma xunto coas sucesivas modificacións e correccións que poidan ter lugar.

mapa de gasto por habitante

 

No portal Lex.gal, dereito galego consolidado, ao que se accede premendo sobre www.lex.gal, atópase unha completa base de datos con toda a lexislación ditada pola Comunidade Autónoma galega, en galego e consolidada.

Con esta ferramenta ábrese a toda a cidadanía a posibilidade de dispoñer, en rede e con contido permanentemente actualizado, dun acceso á versión consolidada, actualizada e en galego de todas as normas ditadas desde o ano 1981 pola nosa Comunidade. Con este portal complétase o traballo desenvolvido desde as webs oficiais da Xunta de Galicia e do Parlamento de Galicia no seu deber de dar cumprimento aos requirimentos de transparencia e accesibilidade que esixe o marco normativo actual.

O acceso aos textos consolidados facilita á cidadanía o acceso sinxelo á normativa que lle resulta de aplicación, contribuíndo a un mellor e máis fácil coñecemento do marco xurídico vixente.

Resultoulle útil a información?

Se o desexa, tamén pode deixar unha suxestión ou proposta de mellora sobre esta páxina
Dispón dun número limitado de 1000 caracteres para a súa mensaxe