Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Ten dispoñibles para consulta 123 normativas en tramitación:

Inicio da tramitación: 09/07/2021 | Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Proxecto de decreto polo que se regulan os procedementos para a autorización das intervencións nos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia

Inicio da tramitación: 05/07/2021 | Medio Rural - Dirección Xeral de Defensa do Monte

Anteproxecto de lei de loita integral contra os incendios forestais de Galicia

Recibíronse 33 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 02/06/2021 | Política Social

Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia

Recibíronse 120 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 25/05/2021 | Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

Recibíronse 2 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 19/05/2021 | Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Proxecto de decreto polo que se crea o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional

Inicio da tramitación: 28/01/2021 | Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de conservación do espazo natural de interese local Río Abelleira (Carral, A Coruña)

Inicio da tramitación: 29/12/2020 | Emprego e Igualdade - Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Proxecto de decreto polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción en Galicia e o seu rexistro administrativo

Recibiuse 1 suxestión para esta norma