Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Para facilitarlle o seguimento das últimas normativas tramitadas polos centros directivos ou entidades dependentes dos departamentos da Xunta de Galicia recóllense neste espazo aquelas disposicións que foron xa aprobadas e publicadas no Diario Oficial de Galicia dentro dos últimos catro anos, contado desde a data de publicación da norma no DOG. As persoas interesadas en ter información das normas que teñan un tempo de publicación superior, poden facer dita consulta no buscador do propio diario
Ten dispoñibles para consulta 634 normativas en tramitación:
Data de publicación no DOG: 31/01/2019 | Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Decreto 176/2018, do 25 de outubro, polo que se establece o currículo dos ciclos de grao superior correspondentes ao título de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas e ao título de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas
Data de publicación no DOG: 17/01/2019 | Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Orde do 19 de novembro de 2018 pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
Data de publicación no DOG: 14/01/2019 | Infraestruturas e Vivenda - Xurado de Expropiación de Galicia
Decreto 172/2018, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de organización e réxime de funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia
Data de publicación no DOG: 09/01/2019 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca o sexto procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde
Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca un novo procedemento para a integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal laboral fixo de entidades públicas adscritas a esta consellería
Data de publicación no DOG: 08/01/2019 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Decreto 171/2018, do 8 de novembro, polo que se regula a autorización de depósitos especiais de medicamentos estupefacientes veterinarios para o seu uso clínico en establecementos veterinarios
Recibíronse 2 suxestións para esta norma
Data de publicación no DOG: 07/01/2019 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Decreto 168/2018, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Pacientes con Enfermidades Raras da Comunidade Autónoma de Galicia
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Data de publicación no DOG: 02/01/2019 | Cultura e Turismo - Axencia Turismo de Galicia
Decreto 167/2018, do 29 de novembro, polo que se regula a utilización da marca Xacobeo 2021
Data de publicación no DOG: 31/12/2018 | Mar - Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2019
Data de publicación no DOG: 28/12/2018 | Facenda - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio
Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas