Decreto 171/2018, do 8 de novembro, polo que se regula a autorización de depósitos especiais de medicamentos estupefacientes veterinarios para o seu uso clínico en establecementos veterinarios
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 03/06/2016
Data da publicación no DOG: 08/01/2019
Obxecto: establecer os requisitos e o procedemento para a autorización de depósitos especiais de medicamentos estupefacientes para uso veterinario nos hospitais e clínicas veterinarias, a efectos de seren utilizados para a analxesia e/ou indución anestésica en intervencións cirúrxicas urxentes, que teñan que ser realizadas con carácter inmediato, en animais de compañía e salvaxes en catividade, levadas a cabo polo propio centro.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 2