Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca un novo procedemento para a integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal laboral fixo de entidades públicas adscritas a esta consellería
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 22/11/2018
Data da publicación no DOG: 09/01/2019
Obxecto: a Disposición Adicional Décimo Primeira do Decreto 91/2007, do 26 de abril, autoriza á Consellería de Sanidade a facer ata un máximo de tres ofertas de integración. Nos anos 2007 e 2014 realizáronse a primeira e a segunda oferta de integración.
Recentemente, o 19 de xullo de 2018, aprobouse polo Consello da Xunta que por ordes da Consellería de Sanidade se realizase, no segundo semestre de 2018, novas ofertas de integración no réxime estatutario dirixidas, entre outros colectivos, ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do Decreto 91/2007.
O persoal integrado poderá acceder ao grao I nas condicións e cos mesmos efectos previstos no réxime transitorio e excepcional de encadramento.
Estado actual: aprobada e publicada no DOG