Orde do 19 de novembro de 2018 pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 05/03/2018

Data da publicación no DOG: 17/01/2019

Obxecto: O obxecto da norma é regulación dos procedementos de habilitación excepcional e de habilitación provisional para as categoría de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para Autonomía e Atención á Dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co Acordo do 27 de novembro de 2008, do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre criterios comúns de acreditación para garantizar a calidade dos centros e servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, modificado polos Acordos do 7 de outubro de 2015 e 19 de outubro de 2017.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG