Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca o sexto procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 22/11/2018

Data da publicación no DOG: 09/01/2019

Obxecto: o Decreto 447/1996, do 26 de decembro, regula as bases para a homologación e integración no réxime estatutario do persoal funcionario e laboral dos centros transferidos e faculta á Consellería de Sanidade para adoptar as medidas de desenvolvemento e execución necesarias.

O acordo polo que se establecen as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e as entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao devandito organismo, aprobado polo Consello da Xunta o 19 de xullo de 2018, dispón que por ordes da Consellería de Sanidade se realizarán, no segundo semestre de 2018, novas ofertas de integración no réxime estatutario, dirixidas ao persoal funcionario e laboral fixo incluído no ámbito do referido Decreto. O persoal integrado poderá acceder ao grao I nas condicións e cos mesmos efectos previstos no réxime transitorio e excepcional de encadramento.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG