Aprobada e publicada no DOG

Para facilitarlle o seguimento das últimas normativas tramitadas polos centros directivos ou entidades dependentes dos departamentos da Xunta de Galicia recóllense neste espazo aquelas disposicións que foron xa aprobadas e publicadas no Diario Oficial de Galicia dentro dos últimos catro anos, contado desde a data de publicación da norma no DOG. As persoas interesadas en ter información das normas que teñan un tempo de publicación superior, poden facer dita consulta no buscador do propio diario

Ten dispoñibles para consulta 632 normativas en tramitación:

Data de publicación no DOG: 08/07/2019 | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Decreto 72/2019, do 4 de xullo, polo que se aproban medidas en materia de planificación de autorizacións de instalación de salóns de xogo e tendas de apostas na Comunidade Autónoma de Galicia

Recibiuse 1 suxestión para esta norma

Data de publicación no DOG: 05/07/2019 | Infraestruturas e Vivenda - Secretaría Xeral Técnica

Orde do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo

Recibiuse 1 suxestión para esta norma

Data de publicación no DOG: 31/05/2019 | Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Secretaría Xeral da Igualdade

Decreto 53/2019, do 23 de maio, polo que se crea e se regula a Medalla Emilia Pardo Bazán para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes

Data de publicación no DOG: 16/05/2019 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda

Decreto 49/2019, do 2 de maio, polo que se modifica o Decreto 15/2018, do 25 de xaneiro, polo que se crea e se regula o Observatorio Autonómico dos Ríos de Galicia

Recibiuse 1 suxestión para esta norma

Data de publicación no DOG: 02/05/2019 | Infraestruturas e Vivenda - Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia

Recibíronse 3 suxestións para esta norma