Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.
Ten dispoñibles para consulta 122 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 06/12/2023 | Facenda e Administración Pública - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro do Persoal Funcionario Público Habilitado no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as súas entidades públicas instrumentais
Inicio da tramitación: 27/11/2023 | Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio
Proxecto de orde pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia da Calidade Alimentaria de Galicia procedente do suprimido Instituto Galego da Calidade Alimentaria (código de procedemento AP100A)
Inicio da tramitación: 15/11/2023 | Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Secretaría Xeral Técnica
Anteproxecto de Lei de cooperativas de Galicia
Recibíronse 34 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 24/10/2023 | Infraestruturas e Mobilidade - Dirección Xeral de Mobilidade
Proxecto de orde pola que se regula a tarifa específica +65 nos servizos públicos de transporte interurbano de uso xeral da competencia da Xunta de Galicia
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 28/09/2023 | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Proxecto de decreto polo que se aproba o plan de xestión da paisaxe protexida de Penedos de Pasarela e Traba, nos concellos de Laxe e Vimianzo (provincia da Coruña)
Inicio da tramitación: 19/09/2023 | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de xestión do Monumento Natural da serra de Pena Corneira, nos concellos de Carballeda de Avia, Leiro e Avión (provincia de Ourense)
Inicio da tramitación: 19/09/2023 | Medio Rural - Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento polo que se rexerán os contratos temporais de xestión pública dos montes e o fondo de melloras
Recibíronse 8 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 07/09/2023 | Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal
Inicio da tramitación: 19/05/2023 | Medio Rural - Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)
Proxecto de decreto polo que se regula o procedemento para o recoñecemento, modificación e perda da condición de entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e se crea e regula o seu Rexistro
Inicio da tramitación: 15/05/2023 | Consellería de Política Social e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica
Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores
Recibíronse 15 suxestións para esta norma