Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Ten dispoñibles para consulta 122 normativas en tramitación:

Inicio da tramitación: 09/05/2023 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Proxecto de decreto de modificación do Decreto 29/2010, de 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia

Recibíronse 33 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 05/04/2023 | Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Proxecto de decreto polo que se modifican os límites do monumento natural Costa de Dexo e se aproba o Plan de xestión do monumento natural Costa de Dexo

Recibíronse 9 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 02/04/2023 | Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de decreto polo que se desenvolve o Título II da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia

Recibíronse 27 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 09/03/2023 | Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación - Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Proxecto de decreto polo que se regula a concesión de avais polo Instituto Galego de Promoción Económica

Inicio da tramitación: 16/02/2023 | Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de decreto polo que se regula o procedemento e os efectos do recoñecemento como instituto histórico de Galicia e a xestión do patrimonio educativo que custodian

Inicio da tramitación: 07/12/2022 | Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Anteproxecto de lei para a aprendizaxe ao longo da vida adulta

Recibiuse 1 suxestión para esta norma

Inicio da tramitación: 08/09/2022 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Secretaría Xeral Técnica

Anteproxecto de lei de ordenación do litoral de Galicia

Recibíronse 27 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 11/08/2022 | Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Proxecto de decreto polo que se aproba o plan de xestión do monumento natural A Carballa da Rocha, no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense)

Inicio da tramitación: 08/08/2022 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Instituto de Estudos do Territorio (IET) - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Proxecto de orde pola que se aproba a Estratexia galega da infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas

Recibíronse 9 suxestións para esta norma