Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Ten dispoñibles para consulta 122 normativas en tramitación:

Inicio da tramitación: 18/02/2022 | Emprego e Igualdade - Secretaría Xeral Técnica

Proxecto de lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia

Recibíronse 7 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 10/02/2022 | Medio Rural - Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

Proxecto de decreto polo que se regula a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e se aproban os seus estatutos

Inicio da tramitación: 15/11/2021 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Anteproxecto de lei de arquitectura de Galicia

Recibíronse 8 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 29/09/2021 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

Proxecto de decreto polo que se regulan as instalacións nas que se desenvolven actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e se crea o sistema de información de emisións de contaminantes á atmosfera de Galicia

Recibíronse 2 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 13/09/2021 | Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de xestión do Monumento Natural Fraga de Catasós, no Concello de Lalín (provincia de Pontevedra)

Recibíronse 28 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 02/08/2021 | Emprego e Igualdade - Dirección Xeral de Formación e Colocación

Proxecto de orde pola que se regula o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos (código de procedemento TR301R)

Recibíronse 2 suxestións para esta norma

Inicio da tramitación: 09/07/2021 | Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Proxecto de decreto polo que se regulan os procedementos para a autorización das intervencións nos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia