Proxecto de decreto de modificación do Decreto 29/2010, de 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Instituto Galego de Vivenda e Solo
Inicio da tramitación: 09/05/2023
Obxecto: o obxecto deste anteproxecto de decreto é a modificación de determinados aspectos do Decreto 29/2010 que son substanciais e puntuais para dar solución á problemática que supón para algunhas cidades o feito do progresivo abandono dos locais destinados a usos comerciais que cesan a súa actividade, motivados polas costumes e formas de vida, pola creación de centros comerciais, pola crise económica sufrida, etc.
Por outro lado, contempla modificacións non substanciais, froito da oportunidade para aclarar e adecuar a norma co obxecto de simplificala e eliminar redundancias con outros textos normativos.
Estado actual: pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 01/06/2023
Suxestións recibidas: 33