Pendente de aprobación

A efectos do publicado nesta sección, os proxectos normativos pendentes de aprobación son aqueles que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas nos artigos 40° a 44° da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia a interesados ou trámites de información pública. Os proxectos normativos que se atopen neste último suposto preséntanse dentro da opción de proxectos normativos en prazo de envío de suxestións.

Consellería do Medio Rural

Ten dispoñibles para consulta 8 normativas en tramitación:
Inicio da tramitación: 10/02/2023  | Medio Rural - Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Proxecto de decreto polo que se crea e se regula a Comisión de Avaliación e Seguimento da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia

Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Inicio da tramitación: 10/02/2022  | Medio Rural - Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Proxecto de decreto polo que se regula a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e se aproban os seus estatutos

Inicio da tramitación: 05/08/2021  | Medio Rural - Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Proxecto de decreto do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia

Recibíronse 2 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 03/05/2021  | Medio Rural - Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Anteproxecto de lei da calidade alimentaria de Galicia

Recibíronse 10 suxestións para esta norma
Inicio da tramitación: 23/03/2020  | Medio Rural - Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Proxecto de decreto polo que se regulan os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo

Inicio da tramitación: 16/01/2020  | Medio Rural - Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento polo que se rexerán os contratos temporais de xestión pública e o fondo de melloras

Inicio da tramitación: 16/01/2020  | Medio Rural - Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 306/2004, do 2 de decembro, polo que se crea o Consello Forestal de Galicia

Recibíronse 2 suxestións para esta norma